sábado, 9 de octubre de 2010

A CLASE DOS "CARAMELOS"

Xa decidimos un nome para a clase. Custounos un pouquiño pero despois de varios días de pensar e pensar , conseguímolo. Chamámonos "OS CARAMELOS", e este nome gañou en votos a outras propostas como pantasmas, coches , pelotas e princesas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Teño que dicir que miña filla está contentísima co nome.
Cóntalle a todos que está na clase dos caramelos.
No fondo ten unhas expectativas moi elevadas unidas a este nome, e me dí que como está na clase dos caramelos ten que comer moitos...
Xa lle dixen se me pediría o mesmo se fose a clase das cremas de zanoria, ou das uvas....

Carmen dijo...

Merchi, quero facer unha petición.
Sería posíble que publicaras unha entrada cunha foto de cada neno co seu nome?
...Así os papás que non podemos acompañar ós nenos á clase, poríamos cara a eses nomes que non deixan de repetir na casa, e os coñeceríamos un pouquiño.
Grazas de antemán.

Marta dijo...

Grazas por compartir coas familias estes momentos dos nenos no cole.A eles gústalles na casa volver cantar as cancións,escoitar e ver os contos,ver as fotos............¡felicidades!polo estupendo traballo que estades facendo.